Publicacións

Reloxos «Varcar»

Imaxe
Desta marca non dispoño de ningunha información.  Na miña colección teño tres reloxos, un exemplar dun clásico redondo, con segundeiro ás seis, con máquina Unitas 6325, seguramente dos anos 60, un cadete anos 70 automático, con data e semanario e máquina AS 2066 e un dama de cuarzo con máquina Harley Ronda [RON] 3572.

Reloxos «Pharoreks»

Imaxe
Tal e como contamos na entrada referida á marca «Savar» , esta marca ven dos fabricantes de caixas e montadores de reloxaría grosa. Pecharon recentemente (mediados de 2014) por xubilación do seu último artesán. Tiñan as súas instalacións na rúa Mexico, nº 8 da Coruña (15009). Sospeito que a marca obedeceu no seu momento a unha colaboración con Santos Varela (Savar). Desta marca só vin fotografías e tiven na man un dama mecánico Inclúo dúas fotos atopadas na rede, o de enriba é un cabaleiro mecánico e o de embaixo un dama, tamén mecánico.

Reloxos «Fersay»

Imaxe
Dos mesmos fabricantes de correas e almacenistas de reloxaría «Manufacturas Sayfer» (que tamén comercializaron a reloxaría grosa de «Pharoeks»). Abreu y Mahía S.L. c./ Brasil 37 36204 Vigo Constituida o 1/4/1984, presentou contas por última vez o año 1998. Desta marca teño na miña colección un mergullo (supersubmarino) de 33mmØ, con máquina FE 3611 automático dos anos 70 , un manual con data e máquina Lorsa 238 GA e un dama de cuarzo con máquina Harley Ronda [RON] 3673.

Reloxos «El Desengaño»

Imaxe
P robabelmente relacionad a coa Xoiaría do mesmo nome sita na rúa Antón Fraguas Fraguas nº 1 de Lug o. Desta marca dispoño dun reloxo de pulso tamaño cadete, con máquina Peseux 320 e d un espertador con máquina Titan? Rubí 661 .

Reloxos «Cuervo y Sobrino»

Imaxe
( Anuncio atopado no foro de Relojes Especiales ) Unha primeira advertencia, non confundir a marca con Cuervo y Sobrinos da Habana. Marca Rexistrada po lo almacenista de reloxaría A. Salgado Nespereira de Ourense, solicitada en data 01/05/1963, renovada por última vez o 29/01/2013 . A. SALGADO NESPEREIRA, S.A. Cl Ramón Cabanillas 7 — 32004 - Ourense Teléfono: 988391179 — 988228316 — Fax: 988392170 Correo-el: info@asalgadonespereira.com Actividade (CNAE 2009): 4777 Comercio o por menor de artículos de reloxaría e xoiaría en establecementos especializados. R esulta imposible facerse con ningún reloxo de esta marca xa que creen que é un Cuervo y Sobrinos da Habana, atopándome con xente que asegura que o mercou o seu avó na Habana nos años 30 e alegan que nun principio era «só un sobriño», mais existe documentación de que xa no ano 1917 a marca cubana era en plural . Adoitan pedir entre 250 e 300 € por eles, a lgún de peto pode conseguirse (mais non me intere

A reloxería galega

Imaxe
Postal dos anos 90 na que se ve o edificio no que se atopaban as instalacións de Santos Varela (Savar) Próximos xa (sen dramatismos) a ter que desprazarme a la parada do bus que me levará definitivamente a ningún sitio, apetéceme ir deixando algunhas cousas ordenadas, entre elas, os datos da miña colección de reloxos anellos (detesto a expresión «vintage») e moi especialmente, que é o que ven o caso, a miña subcolección de reloxos galegos. Esta é unha colección moi querida para min polo que supón o feito de seren marcas galegas . Se ben aínda existen marcas de orixe galega, son recentes e o capital tras elas vai moito tempo que xa non é galego, ademais estas outras marcas, son iso, marcas, montados por outros fabricantes, e non como, por exemplo, os Savar que eran montados nos seus propios obradoiros en Santa Catalina na Coruña. Por estas páxinas desfilarán marcas como (por orde alfabética) Cuervo y Sobrino, El Desengaño, Fersay, Savar e Varcar 

Reloxos «Savar»

Imaxe
Cabaleiro de remonte manual con calendario e movemento FHF-ST 96-4 (N.O.S.) A marca «Savar» proven do acrónimo dos apelidos do seu fundador, Sa ntos Var ela, quen a partires do seu almacén de reloxaría comenza nos anos 50 coa distribución de reloxaría grosa baixo esta marca. Estes reloxos práctico/decorativos de parede, antesala, etc. estaban fabricados por «Relojes Pharoreks» ( nos seus inicios Industrias Pardillo ) con movementos de orixe alemán. É o seu fillo Benilde Santos quen colle as rendas do negocio familiar nos anos 60 e faino medrar coma la escuma coa venda dos seus propios reloxos e coa distribución dos reloxos (espertadores e de sobremesa) da marca portuguesa «Reguladora» para media España e norte de Portugal. Posteriormente, e fabricados pola súa representada «Reguladora», de Portugal, comeza a comercialización, baixo a súa marca «Savar», de reloxos de sobremesa ou cheminea e espertadores. Os espertadores, nalgún momento pasan a ser fabricados, descoñezo se